13 dic 2018
29 nov 2018
Dende Luskan con amor...
12:10
A quenda do libro
Sin comentarios
O noso grupo de aventureiras xa está en Luskan, unha cidade do Norte. Serán capaces de afrontar con éxito a misión que un misterioso home de negro (cun anel e un colar a todas luces máxicos) lles propuxo? Terán que ter coidado, pois non todo é o que parece...
8 nov 2018
Fantasía épica I
12:10
A quenda do libro
Sin comentarios
Comezou hoxe en serio o grupo de fantasía épica... Estarán Paula, Claudia, Iria, Verónica, Marielys, Sara López e Beatriz (e as que faltan) preparadas para a aventura? Pronto o saberemos...
5 nov 2018
31 oct 2018
19 oct 2018
8 oct 2018
4 oct 2018
2 oct 2018
Libros do grupo de nais, pais e amigas!
18:59
A quenda do libro
Sin comentarios
Velaquí os libros do grupo de nais, pais e amigas do club de lectura para este primeiro trimestre!!!
27 sept 2018
26 sept 2018
En memoria...
8:40
A quenda do libro
Sin comentarios
"Lúa chea de outono:
a miña sombra lévame consigo
e regresa"
Traducido dun haiku de Sodo.
Na memoria de Ricardo Corral Bóveda, membro do club de lectura de nais, pais e amigxs, e recentemente finado. R.I.P.
a miña sombra lévame consigo
e regresa"
Traducido dun haiku de Sodo.
Na memoria de Ricardo Corral Bóveda, membro do club de lectura de nais, pais e amigxs, e recentemente finado. R.I.P.
20 sept 2018
Desvelamos a obra común!
12:03
A quenda do libro
Sin comentarios
Velaquí o libro común para todos os grupos do club de lectura "A Quenda do Libro". Como este curso andaremos arredor da temática fantástica (en todas as súas variantes: fantasía épica, terror e ciencia ficción), que mellor que esta obra de Olimpio Arca Caldas "O enfermo 4M" para ir afacéndonos...
Atentas ás datas da súa representación por parte do alumnado de 1º de Bacharelato!!!
Comezamos!!!
Atentas ás datas da súa representación por parte do alumnado de 1º de Bacharelato!!!
Comezamos!!!
19 sept 2018
28 jun 2018
30 may 2018
28 may 2018
A pantasma do hip-hop...
13:22
A quenda do libro
Sin comentarios
Hai lecturas que dan moito de si...
21 may 2018
9 may 2018
7 may 2018
3 may 2018
18 abr 2018
"Non me deixes nunca".
10:51
A quenda do libro
Sin comentarios
Na mañá do 23 de
marzo tivemos a xuntanza do club de lectura do profesorado para falarmos de
"Non me deixes nunca", do Premio Nobel do pasado ano Kazuo Ishiguro.
Novela complexa,
por momentos densa e lenta, por mor dunha precisa e pormenorizada descrición de
personaxes, lugares, sensacións... Unha aparentemente simple historia do día a
día nun internado, contada en primeira persoa pola protagonista, na que as aventuras
e desventuras dun grupo de estudantes van deixando entrever que nesa idílica
porción da campiña inglesa non todo é o que parece.
Un libro que da
que pensar cara onde vai esta sociedade creando un mundo distópica que nos
lembrou na reunión a George Orwell ("1984"), Ray Bradbury
("Fahrenheit 451") ou Haruki Murakami ("1Q84" ou "Los
años de peregrinación del chico sin color"). Non é para calquera momento
nin cecais para todos os públicos... pero non deixa indiferente.
9 abr 2018
6 abr 2018
12:16
A quenda do libro
Sin comentarios
Dous libros de
temáticas moi diferentes foron os protagonistas da charla que tivemos no club
de nais, pais e amigxs. Por unha banda, o conxunto de relatos de “Da fría e
distante Estrela Polar” de Tomás González Ahola, relatos que aparentemente
pouco teñen que ver entre si, mais que segundo van avanzando aparece un
misterioso fío condutor, un misterioso, arrepiante, sanguento fío condutor que
se vai facendo máis presente, máis denso, máis agónico, máis… e ate aí podemos
ler sen desvelar nada. Acudiu á conversa sobor o libro, cecais inevitabelmente,
a obra de H. P. Lovecraft (Tomás González Ahola é o seu tradutor ao galego) e o
mito de Cthulu. Por aí poida que vaian os tiros… Ben, como o 15 de maio vai vir
ao instituto, poderemos preguntarllo!
O outro libro, “Patria”
de Fernando Aramburu, un libro que a través da historia de dúas familias cunha
longa amizade (dende rapaces) rómpese por mor do conflito euskaldún e ETA. Un
libro longo, que nun comezo parecía complexo de ler, mais que grazas a unha
estrutura de moitos capítulos curtos e hábiles encadeamentos de lembranzas,
idas e voltas polo tempo e unha narración clara e directa, fai que pouco a pouco
vaia enganchando. Un tema complexo, e cecais levado ao seu límite ao amosárense
múltiples puntos de vista en personaxes e accións ben deseñadas (as personaxes
femininas son probabelmente as máis interesantes), aínda que cecais algo
estereotipadas… Mais un achegamento necesario segundo o que se foi falando
durante a reunión, que faría falta facer máis con determinados episodios da
historia da España máis recente, ou da non tan recente…
Próximas paradas,
“Por que as sombras non teñen ollos” de Luis Manuel García Mañá e “O alquimista”
de Paulo Coelho.
5 abr 2018
Libros para o terceiro trimestre!!!
9:36
A quenda do libro
Sin comentarios
Libros para este terceiro trimestre en "A quenda do libro".
1º ESO: Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola.
2º ESO: Binomios fantásticos, de Miguel Robledo.
3º ESO e 4º ESO: El fantasma de la ópera, de Gastón Leroux.
Bacharelato: Drifters, de Kôta Hirano, e Shingeki no Kyojin, de Hajime Isaxama.
Nais, pais e amigxs: Por que as sombras non teñen ollos, de Luis Manuel García Mañá e/ou O alquimista, de Paulo Coelho.
Profesorado e persoal non docente: Da fría e distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola.

4 abr 2018
"Alaia e a deusa".
11:29
A quenda do libro
Sin comentarios
Nas dúas últimas semanas do segundo trimestre tivemos sendas reunións co alumnado do club de 2º A e B de E.S.O. que estivo a ler “Alaia e a deusa”, de Tomás González Ahola.
Baixo a aparencia dun típico libro de aventuras, destacaron por un lado a época histórico-mitolóxica na que acontece a historia, con referenzas á Atlántida ou ao pobo nerio (nome co que se coñeceron aos antigos habitantes da Costa da Morte), pobo ao que pertence a protagonista da historia, Alaia. Por outra banda, tamén puxeron de manifesto a amizade entre ela e a Serpe-Besta, cecais o fío condutor da obra segundo algúns lectores, e que marca o destino da neria no final da obra…
Mais o que deu moito que falar, e xurdiron máis que interesantes debates, foi a relación amorosa entre Alaia e Tálice, unha moza pertencente á clase aristocrática. E é que non é moi habitual que na literatura, e sobor de todo, na literatura chamada “xuvenil” se traten ese tipo de historias que, por desgraza, seguen a ser un tabú na nosa sociedade…

21 mar 2018
Relatos dos binomios fantásticos!!!
10:39
A quenda do libro
Sin comentarios
Pois xa temos os
relatos dalgúns membros do club de lectura de 1º de E.S.O.!
O pasado venres 16
de marzo tivemos a “premiere” mundial deles coa súa lectura na reunión na hora
de lecer. Relatos, lembrade, que partiron da lectura recomendada deste segundo
trimestre, “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, e da creación dos nosos
propios binomios, que ademais de fantásticos poderiamos engadir estranos…
Nas seguintes
semanas irémolos publicando, a ver que vos parecen…
12 mar 2018
6 mar 2018
"Bailade mia senhor"
12:46
A quenda do libro
Sin comentarios
"Bailade mia senhor", recitais comentados com instrumentos antigos: oud, sinfonia, cítola e psaltério.
2 mar 2018
26 feb 2018
22 feb 2018
11:54
A quenda do libro
Sin comentarios
Facendo cousas diferentes co grupo de 4º de E.S.O. en "A quenda do libro"...
"No medio do camiño da miña vida
atopeime nun bosque escuro,
onde se perde o camiño recto…”
"O Inferno" de "A divina comedia", Dante.
atopeime nun bosque escuro,
onde se perde o camiño recto…”
"O Inferno" de "A divina comedia", Dante.
21 feb 2018
Bailade mia senhor!
12:30
A quenda do libro
Sin comentarios
"Começou nestes dias
nos que a Luz vai medrando
a nossa homenagem
a um rei dantano, um rei sábio"
"Bailade mia senhor",
Semanas da Lírica Galego-Portuguesa no Lama das Quendas.
nos que a Luz vai medrando
a nossa homenagem
a um rei dantano, um rei sábio"
"Bailade mia senhor",
Semanas da Lírica Galego-Portuguesa no Lama das Quendas.
8 feb 2018
E Manuel Rivas estivo no Lama das Quendas...
12:35
A quenda do libro
Sin comentarios
Entrevista concedida a TeleVinte Chantada.
1 feb 2018
Alaia e a deusa
12:00
A quenda do libro
Sin comentarios
Hoxe tocoulle a
quenda ao alumnado do club de 2º de E.S.O., que anda a ler “Alaia e a deusa” de
Tomás González Ahola. Aínda están nos seus primeiros capítulos, mais a
ambientación da historia levounos a falar do período prerromano da Galiza no
que cecais situou a historia da pequena Alaia…
Xurdiu así un pequeno
xogo, que consistiu en, partindo dos pobos castrexos do sur da provincia de
Lugo “lemavi”, “cileni”, “seurri”, “bubali” e “baedyi”, situalos nun mapa
actual tendo en conta a toponimia existente… Logo dun trebón de ideas,
disparates, risas e algún que outro razoamento lóxico, chegamos á solución. E
de onde a sacamos? Deste interesante artigo no blogue “A Eirexe”:
E os nerios,
tribo á que pertence a nosa Alaia de onde serán? E existiría a cidade de
Thaladé? Uhm, seguiremos investigando, e seguiremos informando…
25 ene 2018
Trebellando con "Binomios fantásticos..."
11:54
A quenda do libro
Sin comentarios
Lendo e comentando “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, libro
ilustrado editado polo Sindicato del Cómic de Ourense, déusenos por xogar coas
palabras e, trebellando e trebellando, fixemos o seguinte: nun saquiño puxemos
nomes de cousas, e noutro adxectivos. Logo unímolos ao chou e saíronnos
binomios máis ou menos fantásticos, dos cales fixemos micro-historias. Mais non
nos quedamos aí, non! Nunha segunda sesión, engadimos unha personaxe que, tamén
ao azar, correspondeulle cadanseu obxecto… Foron nados así os nosos…
BINOMIOS EXTRAÑOS!!!
Permanecede atentxs ás historias de…
O GRANXEIRO ANANO
e o MILLO CORREDOR.
O INMIGRANTE
MÁXICO e o PENDENTE GUAPO.
O GAITEIRO e o
seu ORDENADOR EXTRAÑO.
BATMAN, o seu
amigo FRAN e a FRAUTA ANTIGA.
O CAZADOR de
MESAS BONITAS.
O MÚSICO e o
BOLÍGRAFO DE ALUMINIO.
O ZAPATEIRO e a
IGREXA FEA.
A TIA RITA e a
ÁRBORE GRANDE.
O SEMENTADOR
DEMENTE e a súa SEMENTE LERENTE.
A TÍA FILIBERTA
“A GUERRILLEIRA” e a VACA GRANDE.
19 ene 2018
Binomios fantásticos...
12:18
A quenda do libro
Sin comentarios
A luva foi lanzada... propuxémoslle ao alumnado do club de lectura de 1º de E.S.O. que escribiran sustantivos nun papel, e adxectivos noutro... remexémolos ben e xuntamos un de cada para facer un binomio... serán tamén tan fantásticos como os do libro de Miguel Robledo?
12 ene 2018
Listado de libros do segundo trimestre!
10:31
A quenda do libro
Sin comentarios
Libros para este segundo trimestre en "A quenda do libro".
1º ESO: Binomios fantásticos, de Miguel Robledo.
2º ESO: Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola.
3º ESO: El trovador oscuro, de Carlo Fabretti.
4º ESO: A divina comedia (O Inferno), de Dante.
Bacharelato: Escolma de lírica medieval galego portuguesa.
Nais, pais e amigxs: Da fría e distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola e/ou Patria, de Fernando Aramburu.
Profesorado e persoal non docente: Non me deixes nunca, de Kazuo Ishiguro.

11 ene 2018
Con Tomás Camacho...
11:43
A quenda do libro
Sin comentarios
Foto de familia da visita de Tomás Camacho, compositor/arranxista xunto co seu fillo Gaël Camacho das músicas que aparecen na obra teatral "Nos espazos do soño" de Xosé Vázquez Pintor, e que onte compartiu os momentos previos á representación dos dous primeiros actos da mesma co alumnado de Música de Bacharelato e con membros do club de lectura "A quenda do libro".
Na charla falamos da obra (tanto da parte literaria como da musical), de actuar en público, do traballo de "titiriteiro" (ben sexa como actuante, musicante ou entre bastidores) e dalgunhas anécdotas da súa vida como docente e intérprete.
Moitas grazas Tomás pola túa xenerosidade!

9 ene 2018
13:05
A quenda do libro
Sin comentarios
Mañá ás 17:30 horas, e aproveitando que Tomás Camacho, un dos autores da música de "Nos espazos do soño", vai vir ao instituto para ver a obra de teatro feita polo alumnado de Música de 1º de Bacharelato (comenzaremos ás 19:00!!!), teremos un encontro con el... Mil grazas Tomás!