E chegamos á fin
da nosa viaxe ao tempo dos romanos da man de Astérix e Obélix… Pouco máis que
dicir que non se comentara xa nas pasadas reunións cos grupos de 2º da E.S.O.: alumnxs
aos que non lles fai moito aquel iso de ler bandas deseñadas, outrxs que están
encantadxs (algún vello fan dos galos había por aquí!), historias xa comentadas
e outras novas, coma a de “Astérix e os pictos”, na que aparece a terra da
Caledonia ou, como se coñece na actualidade, Escocia.
Mais coma sempre, moito
banquete con xabarís, moitas liortas cos romanos despois duns tragos de poción
máxica, moitas viaxes e moitas aventuras polo pasado das terras que arrodean o
Mediterráneo e un pouco máis aló… Sen dúbida, un xeito diferente de achegarse á
historia e de xogar a descubrir que foi e que non foi…
E veña xa o segundo
trimestre de lecturas!