16 may 2017

Arredor de Carlos Casares

Hoxe pasamos un bo anaco co alumnado de 4º de ESO lendo, en voz alta, algúns dos relatos de Carlos Casares pertencentes ao seu libro Vento ferido.
Foi no recreo e estaban ademais presentes alumn@s doutros cursos de ESO e de Bacharelato que escoitaron as palabras do autor homenaxeado este ano no Día das  Letras Galegas nas voces de Ana, Iria, Bea, Lucía, Iria, Andrés, Olaia, Alba, Candy e Julia.
Sabiamos que Carlos Casares era un bo contador de historias e , ao tempo, era moi bo escoitando as que lle relataban. Damos fe de que esta rapazada  tamén desfrutou oíndo con atención e placer os textos literarios que hoxe resoaron na biblioteca do noso IES.
Por moitas outras ocasións nas que nos xuntemos para ler na nosa lingua!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India