2 feb 2017

Debuxos pola Paz

É o primeiro ano dest@s rapaces e rapazas de 1ºB de ESO  no noso instituto. Chegaron dos dous centros de primaria adscritos. Contan que, de pequenos, facían moitos debuxos xa en preescolar e tamén nos cursos seguintes. Nas clases, enchían o papel de casas, soles, árbores...Facían un debuxo para agasallar ao pai e á nai nos seus días, para felicitar o nadal...Esta actividade plástica dende idades tan temperás  reafirma a idea de que o 80% do cerebro dos seres humanos está deseñado para asimilar e entender as imaxes.Iso din os científicos.
Así que acolleron de bo grado a nosa proposta de celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) plasmando nun folio frases para a paz, con imaxes sinxelas , simples e coas palabras que escolleran.
Entregáronse á tarefa mentres ían explicando os seus traballos, colaborando entre el@s, axudándose  e suxerindo modificacións.
Teredes ocasión de ver os traballos realizados no taboleiro do club.
E antes do que queriamos, rematou esta xuntanza na que falamos da paz; pero non todo quedou en palabras porque tod@s cremos nela e traballamos cada día para conseguila.







0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India