23 feb 2017

Coñecémonos tan ben!!

Hai tempo que coñezo á rapazada de 4º. Deilles clase hai dous anos e téñolles moito cariño. Cruzámonos polos corredores, saudámonos e sorrimos. Falamos de calquera cousa  en calquera momento. Alégrome dos seus éxitos ( como o de Ana , a flamante gañadora do Concurso de cartas e poemas de amor ) e bríndolles a miña axuda se a precisan. Resumindo, somos amig@s... 
E sei de sobra que entre el@s coñécense moi ben. El@s tamén o cren, de modo que cando lles propuxen a actividade , o primeiro que se oíu foi: «Ai! É que nos coñecemos tanto que vai ser difícil!! »
Difícil que? Pois escribir dúas frases sobre nós mesm@s.Unha debía ser verdade e a outra  mentira ( que é o título da novela que estamos a ler). @s demais tiñan que adiviñar cal era cal.
Foron ben creativ@s así que houbo catro persoas que "confundiron" @s compañeir@s que erraron na apreciación. Sobra dicir que comigo tamén se equivocaron.
Coa actividade decatáronse de que , ás veces, a verdade e a mentira depende dun «non » colocado estratexicamente; ou de cambiar «baleas» por  «tiburóns». Outras, os nosos recordos fannos unha faena . E, finalmente ,tamén pode ser que  ti creas que prefires «estar c@s amig@s en vez de durmir»,  pero  todas as persoas que te rodean din que por durmir, abandónalas.


20 feb 2017

Reunión do alumnado de 4º de ESO

Mañá martes, teremos a reunión do grupo do club de lectura de 4º de ESO.
Será ás 11:15 h. na Aula Multimedia.
Xa que estamos lendo Mentira de Care Santos, será ocasión  propicia para falar da mentira e da verdade que podemos buscar xuntos, como nos dicía Machado: 

«¿Tu verdad? no, la verdad;
  y ven conmigo a buscarla.
  La tuya guárdatela.»

17 feb 2017

As outras cartas de inverno din que «Amar significa no tener que decir nunca: lo siento».

Aínda que imos ler a novela de Agustín Fernández Paz, a ambientación de hoxe non era a máis axeitada para o terror, porque o 14 de febreiro celébrase San Valentín,  e as cabezas dos nosos adolescentes pensaban noutra clase de cartas ou, no seu caso, de mensaxes. Coa música e algunhas imaxes do filme dos 70 «Love story» como fondo, falamos da beleza e da necesidade humana de amar e pensamos en escribir algo sobre o amor. A verdade é que quedaban moi pensativ@s, finalmente,entre risos e algunha meixela colorada recollemos mensaxes como estas: « Amar é sentir que se dividen as túas preocupacións e se multiplican as túas alegrías»; «Quédate con quen te faga sentir que ti non es difícil de amar»; tamén houbo quen expresou o amor nun pequeno poema: 
«Quero mirar cos teus ollos
 quero sentir coa túa pel,
quero chorar a túa dor,
quero sentir o teu corazón».
Non faltou quen copiou a frase célebre da película, a que escollemos como parte do título da reunión de hoxe. Agora só nos falta coller un pano para as bágoas, antes de ver o filme enteiro, logo , entre as mantas, en silencio , tremeremos coa lectura das inquedantes «Cartas de inverno».

16 feb 2017

Coplas de amor

Por que se celebra hoxe o Día dos Namorados?- preguntei. A resposta foi:« porque é San Valentín ». Pero hai que ter máis información. E puxémola a disposición das rapazas de 3º B coas que comentamos a imaxe da convocatoria da reunión na que un helicóptero espalla amor. Un amor que nós trouxemos á reunión en forma de cantigas populares de temática amorosa que a rapazada escolmou e se encargou de copiar en cartolinas vermellas, como non! Pero copiaban os versos de dous en dous ,en diferentes cartas que dispuxemos, despois,  boca abaixo sobre a mesa de xogo.Logo, por quendas , tentaban coser os versos, xuntar dúas tarxetas e formar as coplas de amor .
A primeira copla completada foi aquela que di:
«Se queres que brile a lúa,
pecha os ollos meu amor,
que mentres os tes abertos
a lúa cre que hai sol .»
E despois outra que nos gustou moito porque nela aparece  o nome de tres das persoas que alí estabamos:
 
      «Ai Carmiña,se ti vas á herba,
                      eicha de ir erguer,
                      e darasme unha aperta,
                      Carmiña do meu querer.»
E pouco a pouco, gozando da actividade, fomos armando cada unha das cancións tradicionais que , algúns lembramos, na boca dos nosos avós.


15 feb 2017

Cando ler é un pracer


Catro sesións de animación á lectura se desenvolveron o pasado xoves no noso instituto grazas á Editorial Edebé-Rodeira.
Dende as 9:35 das mañá ata as 13:25 h. todo o alumnado de cada curso do primeiro ciclo da ESO asistiu á sesión que impartiu Benjamín.
A actividade , que foi organizada por  A Quenda do Libro en colaboración coa Biblioteca do centro e o Departamento de Lingua Castelá pretendía, obviamente, animar á rapazada a que lea máis pero non só pedíndollo senón facéndolle gozar da lectura dunha maneira lúdica e creativa ,a partir de propostas baseadas en libros que xa coñecían. De aí que realizaran diversas actividades de reflexión, creación e representación seguindo as indicacións do animador
A valoración da rapazada foi moi boa porque ,afirman, ampliaron coñecementos sobre o tema que trataban as novelas, traballaron diferentes finais, recrearon situacións, opinaron, argumentaron, e decatáronse de "cousiñas" que se lles escaparan na lectura individual... En definitiva, din, entenderon mellor as súas lecturas o que lles dá as claves para aplicar técnicas de traballo similares a posteriores lecturas  e así poder sacarlle o máximo partido.  
Coma sempre , traballar en grupo prestoulles moito.



















13 feb 2017

Reunión do alumnado de 3º de ESO

Xa chega o martes,14 de febreiro,día no que nos xuntaremos co alumnado de 3º de ESO.
Será, coma sempre, ás 11:15 horas e  faremos dúas reunións simultáneas; así que a rapazada de 3º A de ESO irá á Aula Multimedia e a de 3º B acudirá á Aula Obradoiro.
Comentaremos como van indo as lecturas e faremos algunha actividade relacionada co que se festexa na data e cos libros.
Vémonos!!
 

O mundo é unha grande biblioteca

Liberamos catro libros o pasado mércores. Están na Zona de Liberación que temos no IES Lama das Quendas xunto con outros que xa levan un tempo.        Calquera ( sexa do noso instituto ou non ) pode coller un e levalo para a casa.E despois pode lelo ou non, pero hai algo que todas as persoas que estamos en bookcrossing-spain desexamos que fagas para que realmente sexa efectivo esto de compartir lecturas entre tanto afeccionad@ como hai.
Entra no enlace que che sinalamos máis arriba e sairache a páxina dos libros viaxeiros en España. 
Á esquerda, atoparás un recadriño no que che di que se atopaches un libro coa etiqueta ou a mensaxe de bookcrossing que pinches onde che indica.
Aparecerá  unha páxina coma esta:


Introduce o nº BCID  que sempre estará nas primeiras páxinas e despois ,segue as indicacións. 
Lembrámosvos que podedes ( e agradecemos que o fagades) escribir algo ( a vosa opinión, como chegou ás vosas mans...) no "diario" dese libro así, a quen o liberou chegaralle unha mensaxe coas vosas palabras.
Despois podes e debes "olvidalo" noutros lugares para que sirva de lectura a outras persoas que , segundo vaian escribindo no diario do libro, irán incrementando as opinións sobre o lido e axudaránnos aos demais a entendelo mellor, quizás.
Nós , dende a A Quenda do Libro temos liberado bastantes exemplares en diferentes cidades do mundo, dende Iguazú en Brasil, ata Valparaíso en Chile, pasando por Ushuaia en Arxentina e moitos lugares de Galiza; mais quen colleu os libros , rompeu a cadea porque non rexistrou que o collera nin nada sobre el. De aí , a nosa petición de seguir o protocolo de actuación para que o mundo sexa unha grande biblioteca.A idea é: colle un e sóltao onde queiras.
E se alguén quere liberar libros , só ten que rexistrarse  e pode facelo.Tamén ,se o desexa, pode  traérnolo  ao instituto e , dende o club, convertirémolo en viaxeiro.

10 feb 2017

Degolado polos compañeiros de clase

O título « A pomba e o degolado» non nos dá moitas pistas sobre a temática do libro, pero despois de ver uns vídeos que explican a diferenza entre agresión e acoso, comezamos a entender cal vai ser a temática. Visualizamos ademais un caso real de acoso escolar no vestiario dun pavillón deportivo e todos sentimos noxo polo acosador; tamén polos que filman a agresión ou actúan con culpable indiferenza. Nós acudiriamos a un profesor ou á dirección do centro, porque nós somos pombas e non permitiremos que neste instituto haxa ningún degolado.

9 feb 2017

Xornada de animación á lectura

Volven as xornadas de animación lectora ao Club de Lectura grazas á Editorial Edebé.
Hoxe, 9 de febreiro, dende as 9:35 ás 13.25 horas desenvolveranse catro sesións de animación lectora , unha por cada curso do primeiro ciclo da ESO.
Preténdese ,con esta actividade, achegar á rapazada ao libro lido dun xeito máis dinámico, lúdico e divertido.
Contaremos como nos foi.

8 feb 2017

Liberar libros para compartir

"E logo , hai xente que deixa un libro en calquera sitio? E se se molla e  queda estragado?" Estas son algunhas das frases  coas que acompañaban a faciana de estrañeza  est@s moz@s que nunca escoitaran falar de liberar libros para que puideran viaxar polo mundo e , así, ser leídos por outras persoas que non eran @s  don@s.
De seguida o interés medrou, as preguntas xurdiron  e puxémonos a rexistrar os libros para iniciar a liberación.
En principio, deixámolos na Zona de Liberación, á entrada do instituto, xunto ao taboleiro do club, pero xa pensan en coller un e  soltalo nalgunha bancada dalgún campo de fútbol, por exemplo.Eso si,se está cuberta, que gustan dos libros e queren protexelos.
E dos libros que  fan viaxes  pasamos á boneca viaxeira protagonista da lectura que faremos neste segundo trimestre :Kafka e a boneca viaxeira, de Jordi Sierra i Fabra.Estes rapaces non teñen este tipo de xoguetes, pero as rapazas non pensan deixar que ningunha das súas bonecas marchen ver mundo , que lles teñen moito cariño.


7 feb 2017

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O taboleiro de A Quenda do Libro quedou pequeno para colgar os debuxos que fixeron @s alumn@s de 1º de ESO. Non couberon todos e algúns podédelos ver  no corredor da biblioteca.
Tod@s quixeron poñer o seu gran de area para que a paz, de verdade, reine entre nós.
Hai debuxos, collages, textos  deste@s artistas convencidos de que a paz é o camiño.
E lembrando a frase que tanto usaban os hippys dos anos sesenta , aquela de "paz e amor" , collemos pacificamente a ruta do amor cara San Valentín.

6 feb 2017

Reunión da rapazada de 2º de ESO

Será o vindeiro martes, 7 de febreiro ás 11.15 horas.
Acudiredes á Aula Multimedia @s de 2º A e a Aula Obradoiro @s de 2ºB.
O plan é presentarvos os libros deste trimestre, que son novelas, e facer unha actividade relacionada con esas lecturas.
Sabedes que calquera pode asistir, teña participado xa ou non ( dicímolo porque sempre hai quen pregunta). Nós facemos "fichaxes" durante todo o ano , non temos  un periodo limitado como no fútbol.
Vémonos!!

2 feb 2017

Debuxos pola Paz

É o primeiro ano dest@s rapaces e rapazas de 1ºB de ESO  no noso instituto. Chegaron dos dous centros de primaria adscritos. Contan que, de pequenos, facían moitos debuxos xa en preescolar e tamén nos cursos seguintes. Nas clases, enchían o papel de casas, soles, árbores...Facían un debuxo para agasallar ao pai e á nai nos seus días, para felicitar o nadal...Esta actividade plástica dende idades tan temperás  reafirma a idea de que o 80% do cerebro dos seres humanos está deseñado para asimilar e entender as imaxes.Iso din os científicos.
Así que acolleron de bo grado a nosa proposta de celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) plasmando nun folio frases para a paz, con imaxes sinxelas , simples e coas palabras que escolleran.
Entregáronse á tarefa mentres ían explicando os seus traballos, colaborando entre el@s, axudándose  e suxerindo modificacións.
Teredes ocasión de ver os traballos realizados no taboleiro do club.
E antes do que queriamos, rematou esta xuntanza na que falamos da paz; pero non todo quedou en palabras porque tod@s cremos nela e traballamos cada día para conseguila.







1 feb 2017

Prometo nunca máis usar a violencia

Ao ritmo de «No dudaría» de Antonio Flores, facemos un bosquexo do que é a paz pintando as nosas ideas coas cores do arco da vella. A difícil tarefa de representar este concepto tan polisémico como abstracto ocupou o recreo dos nosos rapaces nun  ambiente de concordia e compañeirismo fiel ao obxectivo da celebración. A continuación foron participar na carreira solidaria a favor de Save the children, porque no noso centro a paz respírase, vívese e a educación para conseguila é responsabilidade de tod@s.

















 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India