O pasado martes, xuntámonos para falar de La cazadora de Indiana Jones de Asun Balzola co alumnado de 1º de E.S.O. B.
Primeiro
mantivemos unha conversa na que a rapazada ía contando quen eran os
personaxes da lectura, as cualidades que os caracterizaban , que lles
pasaba… Ao tempo xulgaban as maneiras de enfrontarse aos problemas aos
que lle tiñan que facer fronte , fundamentalmente á protagonista da novela,
Christie.
Prestamos
especial atención ás lecturas infantís de Christie : Peter Pan
e Gulliver en el país de los enanos , así como
ao título do libro que Georges lle regalou:El guardián entre el
centeno de J. D. Salinger, novela que , por certo, sae en
outras novelas que algúns leron como Las lágrimas de Shiva de
César Mallorquí, por exemplo.
Posteriormente
pasamos a falar de nós mesmos en relación co que puidemos ler neste libro
. Houbo discrepancias sobre a importancia de “levar o que levan os
demais”. Para algúns era importante por non diferenciarse , por pasar
desapercibidos mentres que para outr@s a opinión dos demais non é
vinculante nunca ; así que, fóra “complexos”! E afirman non escoller
nunca as súas amizades polo aspecto físico .
Se
Jaime, un dos personaxes , desexaba ser cociñeiro aquí alguén manifestou
que o que lle gustaba realmente era ser veterinario. Outr@s aínda non o teñen
moi claro.
Toda
a rapazada quere moito aos seus avós e algunha persoa opina
que estes, de pequenos , si que eran trastes!
Ningún
ten unha predilección especial por posuír obxectos de alguén
que admire. E de ser necesario a escolla, non saberían que elexir. Pode
que, de ter que facelo, lle pediran axuda á nai, que é , para vari@s, a
persoa á que recorren cando están nun apuro ao contrario da protagonista
que sempre atopa a complicidade dun dos seus irmáns.
A
rapazada estaba entusiamada comentando a lectura e fala falando, rematou
este período de lecer, nunca mellor dito.
Como
Christie e Georges , collemos vacacións.