23 jun 2014

Grazas

      Ola!
      Xa co curso rematado , non podo deixar de agradecer a tod@s os que vos achegastes a calquera das reunións do Club ao longo deste ano académico, en calquera dos seus grupos ,tanto de alumnado como de adultos.
      Así que,
Sandra , Shanet, Manuel, Lucía, Iria, Sheila, Jessica, Darío , Sandra, Alba, Ana, Olaia, Iván, Iñaki, Jezrael, Beatriz, Lucía, Tania, Natalia, María, Antón, Vanesa, Francisco, Ana , Andrés, Roi, Brais,Vera, Alba, Erika, José Ángel, David, Raquel, Pablo, José Manuel, Iria, José Luis, Brais, Carlos Enrique, Iago, Sheila, André, Carlos, Cristina, Julia, Oliver, Víctor,Raquel, Miriam, Carla, Xosé, Sara, Ana, Alejandro, Iria, Pablo, Nerea, Luis, Manuel, Ángela, Jennifer, Natalia, Raquel, Yolanda, Laura, Alejandro, David, Verónica ,Helena, Mariana, Aberto, Sergio, Enmanuel, Rafael, David, José Luis, Pablo, Sara, Diego, David, Raúl, Antía, Lucas , Elena, Alexandra, Martiño, María, Marina, Eva, José Luis, Yoo-Jin, Jorge, Miguel Rubén,Nerea, Natalia, Sandra, Estefanía,Andrea, Dora, Tania, Laura, Andrea, Andrea, Lucía, Alicia, Pilar, Verónica, Darío, Antonio, Marian, Noela, Aimara, Rocío, Ana, Lucía, Irene, Jesús, Sheila, Uxía, Lucía, Marisol, Ismael, Luis Miguel,Beatriz,Ana Mª, Dolores, Inés, Ricardo, Goretti, Ana Mª, Ana Belén, Beatriz, Marina, Susana, Margarita, Eva, Luz, Ana, Sindo, Elsa, Javier, Teresa , María, Isabel, Begoña, Alfonso, Rosa, Begoña, Asunción e  Paz , GRAZAS!!!

       Desexarvos a tod@s un bo verán  e pedirvos que lle  adiquedes un chisquiño de tempo ás lecturas. Por puro egoísmo.Así falarédesme delas no vindeiro curso.
       Boas lecturas!!!
                                                                        
  

22 jun 2014

Outro libro de A Quenda viaxando polo mundo

       Ola rapazada, déixovos a fotografía do lugar de Porto onde as nosas amigas Vero e Pilar deixaron o Libro das Viaxes e  dos soños de Eusebio Lourenzo. 
      



       Seguirémoslle a pista como aos que quedaron noutros paises como en Iguazú (Brasil), Ushuaia (Arxentina), Dublin( Irlanda).
       Tamén temos outros viaxando por España adiante.
       No curso que vén contaremos o que saibamos deles.
       A viaxar!!

17 jun 2014

Dende París chegou O Principiño

    Ola amig@s!
   Lembrades que moitos do noso Club foron a París hai una días? Pois algúns deles acordáronse de nós, dos que aquí quedamos e quixeron  traernos O principiño que tanto deu que falar no noso grupo con pais, primeiro, e con alumnos máis tarde.
       Grazas a Xurxo por mandarnos esta fermosa imaxe do protagonista do  libro de Saint-Exupery co seu  amigo o Raposo. Nela, ademáis de Xurxo aparecen tamén  Ana Doval, Helena e Erika Da Silva.
     Cantos recordos ,para vós, de Francia  e cantos, para nós, do relato.Humm!!
      Na nosa memoria permanecerán! 
     Grazas. Estamos ledos de que o pasarades tan ben!!
     Aburiño!!


12 jun 2014

Festa fin de curso do Club de Lectura

      Ola a tod@s!
     Nesta semana a reunión do Club de Lectura  trasladouse do martes ao xoves. Así que hoxe,durante o recreo toda a rapazada integrante  dalgún dos seis grupos de A Quenda do Libro acudiu ao Salón de Actos para facer FEEEESTA!
       Así estaba o Salón ás 11:14 h.
 
 E así , en canto soou o timbre do período de lecer.

 

        E pouco a pouco foron  chegando máis persoas ,desas que son afeccionadas á lectura ,desas que forman parte da pequena maioría  que le porque si, porque lle
peta.
        Comemos algo, botamos unhas risas  e  por fin puidemos estar todos xuntos, os 150 rapaces e rapazas que pasaron polo Club neste curso que está a punto de rematar.
       Quedamos con bo sabor de boca!
      Aburiño







 

10 jun 2014

FESTA DO CLUB DE LECTURA


8 jun 2014

VII Xornadas dos Clubs de Lectura

       Ola a tod@s!
     O pasado 6 de xuño celebráronse en Compostela as VII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistín en calidade de coordinadora de A Quenda do Libro e das que vos quero dar conta porque  creo que é interesante que  tod@s @s integrantes dos diferentes grupos do noso club teñades cumprida información de todo o relacionado cos Clubs de Lectura.
     Trala recollida de documentación e control de sinaturas ( todo moi controladiño porque tivemos que pasar a comprobación da asistencia catro veces no día, sen saír das dependencias da EGAP  porque mesmo xantamos alí),as VII Xornadas comezaron ás 10:00 coa conferencia titulada " Os mediadores e a soidade do lector" impartida por Luis González Martín , Director Xeral Adxunto da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Interesante conferencia dun home que sabe do que fala e que valora moito as conversas sobre os libros lidos e traballa para que os lectores en soporte papel ou soporte dixital  creen os seus propios textos sobre as súas lecturas e os compartan. No trancurso do seu relatorio  pronunciou unha frase que me gustou moito: " A lectura  é un amuleto contra a vida  non interesante". Non digo máis nada.
     Ás 12:00 foron compàñeiras doutros institutos as que contaron a tódol@s asistentes as súas experiencias persoais. Baixo o título xenérico de " Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs de lectura e o papel da persoa mediadora" cada una das catro relatoras   achegáronnos os diferentes pareceres sobre o perfil dos lectores e das lectoras ,a súa evolución, as competencias que desenvolven, o seu papel no I.E.S. a prol  da lectura e a visión que se ten da persoa mediadora nestes grupos de lectura.Sempre se aprenden cousas escoitando a quen con tanto amor pola lectura e polos rapaces  nos ofrece  a súa práctica diaria.
    Xa pola tarde, ás 16:00h , asistimos a reunións  estructuradas en eixos temáticos segundo o interese dos asistentes. A min, entre as catro posibilidades ofertadas, cativoume a titulada" Clubs de elctura  e xéneros literarios". Desta volta atinei na elección  porque saín satisfeita do que alí abrollou e  pode que dalgunhas experiencias, tiremos partido o vindeiro curso.
     Se comezamos a mañá coa "soidade do lector", rematamos a xornada co relatorio de Pedro Feijoo titulado" A soas cos lectores,esa pequena maioría".Este autor, do que temos libros na biblioteca, é un crack da palabra. Non tomei nin unha nota durante toda a conferencia. Non porque non dixese nada importante  senón porque é un home tan normal, tan hábil empregando a palabra que te engaiola.Falou moito e dixo ben. 
       Como vós non tivestes o pracer de compartir  a xornada completa con el , porque alí estivo dende ás 9:30h coma nós para recoller documentación e presenciar todas as conferencias ata as 20:00h que rematou todo, anímovos a que o leades. 
      
    

       As VII Xornadas dos Clubs de Lectura podían rematar así, pero aínda quixeron que a música e a palabra xuntasen na actuación de  Paco Nogueiras  que puxo fin a esta reunión de mediadores e mediadoras  que   poñen, que poñemos, o amor polos libros e polos lectores ao servizo dos diferentes compoñentes  dos clubs de lectura.
       Rematada  a experiencia en Compostela, aínda había que chegar á casa , pero a viaxe fíxose curta porque traía , trouxen, unha morea de ideas que outr@s me prestaron ou que  agromaron na miña mente  a raíz destas xornadas.
       Pois, isto foi todo amig@s!
       Aburiño!
     

7 jun 2014

O Club de Lectura do profesorado e persoal non docente de parola

       Ola a tod@s!
     O pasado xoves, na Aula Multimedia o profesorado e persoal non docente xuntámonos para conversar sobre Brújulas que buscan sonrisas perdidas de Albert Espinosa.
     O libro non foi , en xeral ,  ben considerado polo asistentes  que  manifestaron varias críticas tanto da forma  como do contido: o tema é moi manido, encerra nas súas páxinas unha chea de tópicos,está escrito dun xeito excesivamente livián e os saltos no tempo ,que podían ser un excelente recurso , rematan sendo unha caricatura desta técnica narrativa. 
     Nós fomos deses que non escollerían este libro para volver ler, por exemplo, pero sabemos que hai persoas que falan ben del , e como xa se sabe que sobre gustos non hai nada escrito, non dicimos nada máis da lectura e se alguén quere que o lea e logo , opinará segundo as súas propias sensacións.
      Rematada a parola sobre a lectura de Espinosa xa nos adicamos a plantexar a actividade do club para o vindeiro curso.Xurdiron ideas e falamos sobre o interesante que podería resultar iniciarse (falo por algúns e algunhas) noutros subxéneros narrativos aos que estamos menos afeitos
     En fin , que o vindeiro curso  vos contaremos porque  amenazamos con seguir. É que nos quedou bo sabor de boca. 
Algúns dos asistentes charlando animadamente
       Boas lecturas no verán!
       Aburiño!

     

3 jun 2014

Tempo de poesía ( daquela maneira)

Ola a tod@s!
       Hoxe foi a derradeira xuntanza co alumnado do segundo ciclo da E.S.O. que pertence ao clube. Bueno, a derradeira non ,porque nos queda a festa final da que xa falaremos máis adiante.
       Como facemos cada ano, adicamos o último trimestre a xogar coa poesía así que, ademáis de ver o vídeo da viaxe a Coruña e comentar as visitas realizadas, aínda tivemos tempo de traballar con poemas.
       Nesta galiza trilingüe versionamos o poema de Celso Emilio Ferreiro titulado "Irmáus".
       Para comparar este poema en  galecastenglish podedes buscar o orixinal  nos libros de Celso Emilio Ferreiro ou en internet.
Irmáus/ Brothers/ Hermanos
Walking ao meu rente many hombres.
I don´t coñezo. Sonme extraños.
Pero you, que te alcontras alá away,
máis alá dos desiertos e dos lakes,
out of das sabanas e das islas,
Coma un irmáu  I speak to you.
Si es tuya a miña night,
si my eyes  cry o teu llanto,
si los nuestros cries  son the same,
coma un brother te hablo.
Aunque nuestras words sexan distintas,
e  tú  black y yo branco,
si we have parecidas  as feridas,
como un hermano che falo.
Over de tódalas fronteiras,
over de muros e valados,
Se our dreams  son iguales,
As a  hermano I speak to you.
Común temos  o country
Común la lucha both
My hand  te doy,
Como un  irmáu te hablo.
                                            Versión do poema Irmáus 

       E isto foi todo amig@s!
       Estade atentos para asistir á festa  final de tempada do clube.
       Aburiño!!

2 jun 2014

Vídeo da viaxe de A Quenda do Libro


         Ola!       
       Hoxe traio o vídeo -resumo do que fixemos o pasado martes,27 de maio, pola Coruña e Betanzos os de A Quenda do Libro.
                                                                  

       Grazas a Alfonso que correu coa gravación e edición do mesmo!
     Pasámolo ben , eh?
     Aburiño!

1 jun 2014

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O., P.C.P.I., 4º de E.S.O. e P.D.C.

       Ola amig@s!
       Lembrade que o vindeiro martes,3 de xuño,  ás 11:15, teremos a reunión  na Aula Multimedia.
         Vémonos!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India