31 dic 2013
24 dic 2013
23 dic 2013
Agradecemento aos centros de ensino que nos prestaron libros
7:00
A quenda do libro
Sin comentarios
Ola!
Con esta entrada queremos agradecer ao I.E.S Val do Asma e ao C.E.I.P Eloísa Rivadulla de Chantada, o mesmo que ao C.P.I. Tino Grandío de Guntín a xentileza que tiveron ao prestarnos libros cos que traballar no club de lectura neste primeiro trimestre.
Os de máis lonxe xa foron devoltos e os dos centros chantadinos regresarán en breve aos seus andeis de orixe.
Ás bibliotecas,aos clubes de lectura e ao profesorado deses centros , grazas pola súa colaboración.
Que tod@s teñades boas lecturas.
Aburiño.
22 dic 2013
Lecturas para o segundo trimestre.
16:01
A quenda do libro
Sin comentarios
Que son as Palabras de Caramelo?
Palabras dóces? Caramelos con forma de palabra? A ver…, é o título de
un libro de Gonzalo Moure. E Caramelo é
o nome dun amigo do pequeño Kori. Kori sabe moitas cousas e exprésaas de
maneira fermosa.Por exemplo di que nos eclipses “O
sol e a lúa ámanse , e por iso se unen no ceo”.Os de 1º A de E.S.O.riremos e choraremos cos personaxes da novela.
“Yo soy menor de edad en un país extranjero, inmigrante
ilegal, y sin documentos que me identifiquen. La policía me busca. Una banda de
traficantes de drogas me busca. Si alguno de ellos me encuentra , estaremos perdidos: mi padre y yo.” O que fala é Abdel. Queredes coñecelo mellor? Pois lede Abdel
de Enrique Páez como farán os de 1º B de E.S.O.
O alumnado de 2º de ESO lerá un libro de Agustín Fernández Paz. O titulado Contos por palabras. Nel, os
anuncios por palabras dun xornal poñen en marcha a historias que van ser protagonizadas por un antiquísimo unicornio , Spiderman, Drácula ou o Home
–Lobo , por exemplo. Os relatos teñen un pouso crítico que gusta e da que
pensar e reflexionar.
Aos de 3º de ESO tocalles ler un cómic. Novo formato para esta rapazada
que gozará coa obra de Art Spiegelman
, gañadora do pretixioso Premio Pulitzer .Trata sobre o Holocausto e faino de xeito curioso , coma se dunha fábula
se tratase e usa animais antropomórficos: ratos para representar aos xudíos ,gatos para os
alemáns, porcos para os polacos, ras
para os franceses, cervos para os suecos , cans para os estadounidenses e
peixes para os ingleses. Teremos unha versión
persoal do autor sobre a historia
da que participou o seu propio pai.
Para os rapaces e rapazas de 4º
reservei El principito/O Principiño de Antoine de Saint
–Exupery. Porque os coñezo e sei que eles tamén cren que "non se ve ben senon co corazón. O esencial é invisible aos ollos.” Dara que falar e que pensar.
Polo que se refire aos adultos , imos ler El Tango de la Guardia Vieja de Pérez reverte e Cometas en el cielo do escritor Khaled Hosseini.
Os pais e
nais lerán unha historia na que se atoparemos,
guerra,miseria,inxustizas, horror… pero tamén amor, amistade...Hai que lelo para
sentilo:É duro pero paga a pena.
O libro de Pérez Reverte ocupará tempo do profesorado
e do persoal non docente.Nel atoparemos tres situacións: Unha estraña aposta entre dous músicos,
que leva a un deles a Bos Aires en 1928; un dos amigos chámase Maurice Ravel, e compoñerá un bolero que se fará famoso. O
outro, Armando de Troeye,
español e moi rico, deberá compoñer un tango que compita en honras coa peza do
francés. Para gañar a aposta, De Troeye viaxa a Bos
Aires coa súa muller Mecha Inzunza. Durante a
travesía nun luxoso transatlántico, o matrimonio coñece a Max Costa, un aposto bailarín de tangos que se ocupa de
entreter as señoras a bordo do barco. Hai tamén un asunto de espionaxe na Riviera
francesa en 1937, durante a Guerra Civil española. É entón cando ten lugar o
segundo encontro entre Max e Mecha, rodeados de
refuxiados españois adiñeirados que se asentaran na Costa Azul ata o final da
contenda fratricida. Todo concluirá con outro breve encontro da parella
protagonista, o terceiro, durante os días en que transcorre unha inquietante
partida de xadrez que se celebrará no Sorrento de
1966.
Mmm…! Poñámonos a ler e viaxemos cos personaxes.
Boas lecturas!