Ola!!
Onte, martes 4 de xuño, reunímonos na Aula Multimedia un grupo de profesoras e un profesor para comentar a novela de Julia Navarro titulada Dime quién soy.
Para empezar, debo dicir que nos gustou a tod@s os que estabamos na reunión( e a un par de compañeiras máis que, por razóns de traballo non podían estar presentes).A lectura resultou amena e interesante.
Cómpre tamén engadir que partimos da base de que é un superventas no que non podemos atopar ( nin a buscabamos) a calidade doutras pezas da literatura universal, pero resulta entretido e , pola realidade histórico-social que reflicte ,bastante ilustrativo dunha época española , e tamén europea, que non queremos que se volva repetir.
Algúns consideramos que á protagonista, Amelia Garayoa, pásalle todo o inimaxinable e sempre sae victoriosa das peores situacións.
Algunha pasaxe resúltanos dificimente creíble pero ... xa se sabe: falamos de ficción.
Séguenos asombrando a actuación de tantos espías ,de diferente orixe,no noso país.
Varias compañeiras afirmaron intuir o final xa na metade do libro máis outr@s tivemos que chegar ao final.
Cremos que na novela aparecen temas interesantes como a dificultade de encontrar traballo dos novos ( neste caso periodistas), os líos familiares , o movemento obreiro despois da República, as tensións e manipulacións nos partidos políticos...
Falando, falando chegou o remate da reunión que nos deixou bo sabor de boca.
Xa quedamos para o novo curso.
Amig@s foi un verdadeiro pracer compartir convosco estas lecturas.
Grazas.