Hoxe martes, as 11:15 da mañá, na Aula Multimedia do IES Lama das Quendas tivo lugar o encontro entre o alumnado de 1º A ( que lera La cazadora de Indiana Jones )
e o alumnado de 1º B ( que leu Palabras de Caramelo)
Os dous equipos estiveron prestos a defender o libro lido dando conta do resumo do mesmo, daquilo que máis lles gustou e tamén do que menos gozaron.
En cada bando había algúns membros moi activos , interesados en participar e dispostos a marcarlles algún gol aos do campo contrario de xeito que interviñan en case todas as xogadas. Outros tiveron escasa participación, quizáis por falla de entrenamento e forzas ( iso que algún xa se ve que as estaba repoñendo durante a actividade).
Finalmente o timbre deu por rematado o enfrontamento co resultado de victoria para os dúas formacións ( isto só pasa neste tipo de encontros)
As conclusións que podemos extraer do visto e oído nesta contenda foron as que seguen:
- a convivencia entre persoas e culturas diferentes enriquece (Georges Stevenson e Christie gañan ao coñecerse e medran xuntos)
- as persoas non poden discriminarse por seren xordas ( Kori) ou ter secuelas de graves enfermidades (Georges Stevenson).
- non debemos avergoñarnos das cousas que "herdamos" doutros ( A cazadora de Christie pertencera ao seu irmán Jaime).
- os animais , ás veces, dannos grandes leccións ( a Kori dicíalle poesías Caramelo) que nos serven de moito para a nosa vida.
En fin ,só queda dar as grazas a toda esta rapazada de 1º de ESO !!
Ah!! E anímovos a seguir coa preparación necesaria para manter este nivel na competición !!
Non deixedes de entrenar todos os días e seredes uns Messis, Ronaldos,Casillas ou Iniestas da lectura.
Aburiño!