31 oct 2012

Reunión rapazada de 1º B
O martes,30 de outubro houbo xuntanza dos rapaces e rapazas de 1º B.Foi unha gozada compartir o recreo con 21 dos rapaces dese curso.
Primeiro lembramos que o libro que imos ler é Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.Trátase dun libro que nace da experiencia persoal do autor, da súa admiración polo pobo saharaui que leva trinta e sete  anos "vivindo no peor deserto do mundo para tratar de gañar o dereito a ter  unha patria». Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais.

Logo poidemos ver un vídeo da Editorial Pintar-Pintar  feito por Ester Sánchez no que se nos explica, de modo sinxelo ,que o  libro é o resultado dun laborioso proceso no que colaboran moitas persoas que realizan diferentes traballos  necesarios para que o libro poida chegar ás nosas mans.
Os rapaces pasárono ben e por se a alguén lle interesa colgamos aquí o vídeo.


Sinto que non todos sairan nesta  imaxe pero estar estaban.


Seguímonos vendo no club e facendo comentarios ... mesmo polos corredores.
Aburiño

29 oct 2012

Aviso para 1º B de ESO

24 oct 2012

Primeira Quenda!


Onte , 23 de outubro, reunímonos os da  primeira Quenda: a rapazada de 1º A de ESO.Non estivemos todo os anotados porque había outras actividades coma partido de fútbol e algún que outro "traballiño de última hora" por facer pero, como vedes ,aínda fomos.

Decidiuse o libro  do trimestre e como non hai exemplares suficientes  na Biblioteca do IES, pois comezamos  por organizar a lectura segundo os fondos dos que dipoñemos.
Os de 1º A van ler La cazadora de Indiana Jones. de Asun Balzola, un libriño ben saboroso no que se barallan  valores como a amistade, a simpatía, a confianza ou  a sinceridade.
Temos por diante días  de convivencia e lecturas.
Vémonos , e lémonos, na vindeira cita de A Quenda do Libro que será o martes 30 de outubro co alumnado de 1º B de ESO.
Aburiño!

16 oct 2012

Principia de novo A Quenda do Libro.
Benvidos a un novo curso do Club de Lectura.
Hoxe  martes, 16  de outubro, tivemos a primeira xuntanza do alumnado colaborador de A Quenda do Libro.Foi todo un éxito como podedes ver ! Arredor de 90 alumnos/as  que queredes ler,comentar e gozar cos libros! Que ledicia!!


Rapazas e rapaces ímolo pasar moi ben neste espazo  no que compartimos o gusto por gozar dunha boa lectura  e o pracer de comentala cos demais.
Boas lecturas!!!
Adiante  A Quenda do Libro 2012-13!!!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India