28 nov 2011

Contos por palabras

Hoxe no recreo comentarmos Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, que tivo moi boa acollida entre os nosos lectores. Dende aquí animámosvos a botalle unha ollada a Amor dos quince anos, Marilyn, outra obra deste autor chairego na que emprega a mesma estrutura de glosa dun anuncio por palabras.



21 nov 2011

De profundis

Hoxe comentamos a primeira lectura: De profundis.
Non vos esquezades de vir no recreo á aula multimedia e de facer despois os vosos comentarios. Tamén podedes ir pensando na próxima lectura!

Por certo, as lecturas seleccionadas polos adultos son: Cuento de Navidad, de Charles Dickens; Non hai noite tan longa, de A. Fernández Paz e Los renglones torcidos de Dios, de T. Luca de Tena.

2 nov 2011

Isto marcha!

Xa están decididas as primeiras lecturas:
  • Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz para o primeiro ciclo da ESO
  • El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra para 3º e 4º de ESO
  • De profundis, de Miguelanxo Prado, para Bacharelato
Podedes pasar pola biblioteca a recoller os libros cando queirades, porque o Club de Lectura Guntín emprestounos parte dos seus exemplares.

Dende aquí agradecémoslle a colaboración e felicitamos ó equipo da biblioteca polo premio que recibiu o curso pasado.
Como podedes ver, só nos queda por determinar a lectura para o grupo de adultos, aínda que xa hai varias propostas.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India